Revolution 2×04: ‘Yooka-Laylee e a Guarida Imposible’

Neste cuarto programa da segunda tempada de Revolution analizamos a nova aventura de Yooka e Laylee, sucesores espirituais da lendaria franquía de Rare, Banjo-Kazooie. Trátase dun xogo de plataformas en 2D para toda a familia que suporá un divertido reto para todo aquel que o probe. Ademais, teremos como invitado a Mario-Paul Fernández, director do documental Arcadeología, co que falamos sobre conservación e restauración dos videoxogos antigos.

A actualidade destas dúas semanas correrá a cargo de:

  • Google Stadia, que verá a luz mañá, martes 19 de novembro
  • A regulación do xogo online en China
  • E moito máis
Pódeche interesar...
Conta atrás para unha nova edición do WOS