Revolution 2×08: Assassins’ Creed Odyssey

Voltamos tras un pequeno parón e desta vez a cousa vai de viaxes. O primeiro, pola antiga Grecia coa última entrega da saga de Ubisoft Assassins’ Creed. Analizamos longo e tendido o Odyssey, que nos regalou moitas horas de xogo e unha odisea inolvidable. A outra viaxe da que falamos está un pouco máis preto, trátase de Kofi Quest: Alpha Mod, o videoxogo real-time strategy basado na webserie animada española Kofi. Mos (@mosynho) tráenos na súa sección todo o que debemos saber sobre este divertido título indie.

Ademais, coma sempre, repasamos a actualidade da industria, que desta volta vén marcada por Microsoft e a súa decisión de non ter exclusivos na súa nova consola ou o documental Not A Game de Movistar sobre o mundo dos videoxogos.

Pódeche interesar...
Sen Senra e Derby Motoreta’s destacan nas confirmacións do Osa do Mar