Sans Soleil estrean o seu novo single, ‘Diáspora’

O tema, gravado a distancia, introduce elementos da electrónica no post-rock definitorio da banda

Sans Soleil veñen de publicar o seu novo sinxelo, Diáspora. O título do tema provén da dispersión dos membros do grupo quen, máis aló da corentena, levan un tempo obrigados a crear limitados pola distancia xeográfica entre eles. E así foi gravado o tema, desde as súas respectivas casas, e posteriormente mesturado e masterizado por El Monte Producciones en Lima. O artwork foi realizado por Sara Farré Sánchez.

En Diáspora, seguen a explorar o post-rock definitorio da banda xunto con rítmicas e elementos máis propios da electrónica. Sans Soleil nacen en Vigo en 2016, e en 2018 publican o seu primeiro álbum de estudo,Variaciones cromáticas del Atlántico, unha ópera prima conceptual que se erixiu como un dos grandes descubrimentos da música galega.

Pódeche interesar...
Carly Rae Jepsen garda o mellor para ‘Dedicated Side B’