Ska-P e Rayden pechan o cartel do Sonrías Baixas

Entre as últimas confirmacións destacan tamén El Kanka, Oques Grasses ou The Skarnivals

O festival Sonrías Baixas, que terá lugar en Bueu durante os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto, pechou esta mañá o seu cartel con 10 novas confirmacións: Ska-P, Rayden, El Kanka, Oques Grasses, Jazzwoman, Alamedadosoulna, Arco, The Skarnivals, Maurino e Galician Army. Os abonos xerais están actualmente á venda por 45 euros, á espera do cartel por días.

Así, o cartel quedaría configurado con 16 grupos e artistas:

  • Ska-P
  • Kase.O
  • Desakato
  • El Drogas
  • El Kanka
  • Rayden
  • Sara Hebe
  • Oques Grasses
  • Alamedadosoulna
  • Jazzwoman
  • Balkan Paradise Orchestra
  • Arco
  • García MC & Nación Quilombo
  • Maurino
  • The Skarnivals
  • Galician Army
Pódeche interesar...
Libros para a corentena: ‘Circe ou pracer do azul’ de Begoña Caamaño