Soledad Vélez presenta 'Nuevas Épocas' en Lugo

A cantante, compositora e produtora chilena afincada en Valencia Soledad Vélez, por primeira vez en Lugo, presentará este venres 24 de agosto o seu novo e aclamado disco de pop electrónico na terraza do histórico Hotel Méndez Núñez lucense, nun concerto organizado pola emerxente asociación cultural Tele-Clube.
Os seus primeiros álbums, Wild Fishing (2012), Run With Wolves (2013) e o poderoso Dance and Hunt (2016) situaron á chilena no Top do pop-rock independente do estado español. En Nuevas Épocas (2018) conserva esa melancolía e oscuridade tan característica das súas composicións, pero agora as cordas abren paso aos sintetizadores e os ritmos bailables coas colaboracións de Joe Crepúsculo e Gerard Alegre (El Último Vecino).
Durante hora e media na terraza do sexto piso do Méndez Núñez, ás 20:00 horas, poderemos desfrutar do seu místico directo. As entradas anticipadas xa están á venda por 10€ en Wegow (online) e en Ho Gruf! (físicas).

Pódeche interesar...
Os abonos do Son do Camiño esgótanse en menos dunha hora