Tame Impala preparan o seu próximo álbum con ‘It Might Be Time’

Fai uns días, Tame Impala anunciaron que o seu seguinte álbum chegará o 14 de febreiro de 2020, aproximadamente cinco anos despois do seu último álbum, Currents. O álbum recibirá o nome de The Slow Rush, e incluirá o tema xa anteriormente presentado, Borderline, xunto a este novo tema chamado It Might Be Time. Queda fora do álbum, pois, o sinxelo co que anunciaban o seu regreso aos estudos, Patience.

The Slow Rush foi gravado, mesturado e producido polo propio Kevin Parker, líder e cara máis visible da banda, e contará con 10 temas máis acompañando a estes dous que xa coñecemos.

Pódeche interesar...
Limbo, a curtametraxe de Dani Viqueira, segue o camiño que abriu Dhogs