Tanxugueiras estrean ‘Perfidia’. Novo disco o 22 de novembro

O sinxelo está producido polas propias Tanxugueiras e Isaac Palacín

Detrás de Tanxugueiras están Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío, quenes chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra do noso país co seu álbum debut. Tentando dar un paso adiante, presentarán próximamente o seu novo álbum que recibirá o nome de Contrapunto.

Contrapunto é un disco de dez temas nos que as Tanxugueiras tentan narrar dez momentos diferentes da vida a través da tradición galega, pero expandindo as posibilidades da música tradicional e tentando darlles un aire actualizado e necesario.

Perfidia está producida por Tanxugueiras e Isaac Palacín, estando este último tamén acreditado nas mesturas e a gravación. A masterización corre a cargo de Arturo Vaquero, en Abrigueiro Estudos. Trátase do segundo sinxelo de presentación do novo álbum, sendo o anterior Desposorio.

Contrapunto sairá á venda e chegará ás plataformas de streaming o vindeiro 22 de novembro.

Pódeche interesar...
The Outer Worlds: Si hai Planeta B, pero é igual de deprimente