Celia Eiras

Tanxugueiras presentan ‘Contrapunto’ este domingo 23 nas Pontes

Tanxugueiras, un dos espectáculos máis cativadores que se poden ver hoxe en día enriba dun escenario en Galicia, continúan coa súa xira de presentación de Contrapunto, o seu segundo álbum e escollido coma o mellor disco galego de 2019 por Balea Cultural.

As Pontes de García Rodriguez dan a oportunidade de desfrutar do directo de Tanxugueiras unha vez máis, nun concerto que será ás 18:30 horas no Auditorio Cine Alovi da localidade. As entradas xa están á venda tanto na web oficial do grupo como na plataforma de ticketentradas.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.