Tequila e Novidades Carminha pechan o cartaz do Festival do Queixo 2020 de Arzúa

Actuarán o día 29 deste mesmo febreiro na cita gastronómica, uníndose a bandas como Ladilla Rusa ou Baiuca

O Festival do Queixo de Arzúa deste 2020 anunciou as últimas confirmacións do seu programa, engadindo a participación de Novedades Carminha e Tequila o vindeiro 29 de febreiro. Os concertos serán no campo da feira de Arzúa, e serán gratuítos. Ás 22:30 tocará Tequila, deixando o escenario a Novidades Carminha ás 00:30.

Con estas dúas confirmacións, a Festa do Queixo une os nomes a outros como El Capitán Elefante (Bilbao), Ladilla Rusa, MJ Pérez, Luar na Lubre e Baiuca. Ademais, compre sinalar que o concerto de Tequila será a única oportunidade de ver a banda antes da súa despedida no Wizink Center de Madrid o vindeiro 20 de marzo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.