‘Territorio Lovecraft’ chegará en agosto a HBO

Misha Green será o showrunner desta aposta da compañía estadounidense

Unha das grandes apostas de HBO para este verán, Territorio Lovecraft, baseada na novela homónima de Matt Ruff, estréase o 26 de agosto. Terá dez episodios e contará a historia de Atticus Freeman (Jonathan Maiors) que se une coa súa amiga Letitia (Jurnee Smollett-Bell) e o seu tío George (Courtney B. Vance) para comezar unha viaxe polos Estados Unidos na procura do seu pai desaparecido.

O que comeza sendo unha viaxe, convértese nunha loita por sobrevivir e superar os terrores racistas da América xunto cos arrepiantes monstros que ben poderían saír das páxinas de calquera obra de Lovecraft. O showrunner da serie é Misha Green, quen tamén ocupa a produción executiva, posto que tamén ocupan os aclamados directores Jordan Peele e J.J.Abrams.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.