The Umbrella Academy’ volverá a Netflix o 31 de xullo

Revélase o tráiler da segunda tempada, situada no Dallas dos anos 60

Unha das estreas máis esperadas de Netflix para este mes de xullo é a segunda tempada de The Umbrella Academy. Baseada nos cómics de Gerard Way y Gabriel Bá publicados por Dark Horse Comics, a serie triunfou o pasado ano renovando a ficción de superheroes e achegándose a ela desde unha óptica diferente. A nova entrega estrearase o vindeiro 31 de xullo, e o seu tráiler anticipa un cambio de era e espazo: o Dallas dos anos 60.

A familia Hargreeves volve ao completo, incluíndo a Ellen Page, Tom Hopper, David Castañeda, Emmy Raver-Lampman, Robert Sheehan, Aidan Gallagher e Justin H. Min. Tamén se suman novas caras ao reparto: Marin Ireland, Ritu Arya e Yusuf Gatewood, así como tres villanos suecos interpretados por Tom Sinclair, Kris Holden-Ried e Jason Bryden.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.