Triángulo de Amor Bizarro presentará o seu disco dende a casa

O concerto será o sábado dezaseis de maio dende a 13:00

A banda boirense Triángulo de Amor Bizarro presenta, da man de SON Estrella Galicia, o primeiro concerto de presentación dun disco dende a casa. Literalmente, o directo será dende o domicilio dos compoñentes da banda.

O evento celebrarase o vindeiro sábado 16 de maio a partir das 13:00 cando se poderá gozar nas plataformas dixiais de SON Estrela Galicia en exclusiva e por primeira vez en directo, dos temas do álbum que a banda lanzou o 20 de marzo, unha semana despois de que comezase o confinamento.

Temas como Vigilantes en el espejo, ASMR para ti ou No Eres Tú soarán máis vivos que nunca á vez que se entrelazan con algúns éxitos anteriores da banda galega. Ademais, tanto a instrumentación como os arranxos serán diferentes aos do disco.

Pódeche interesar...
A serie ‘Auga Seca’ chegará ao catálogo de HBO