Triángulo de Amor Bizarro volverá aos escenarios no Melona Fest

O festival continúa a súa aposta pola música urbana coa incorporación de Chico Blanco e Limabeatz

Catro anos tivemos que esperar desde o aclamado Salve Discordia para presenciar como Triángulo de Amor Bizarro dan a luz ao seu quinto disco, tras pasar polo medio polo EP El Gatopardo, que será homónimo e que os levou a, nas súas propias palabras do grupo a “facer as cancións que máis nos representan de todas as que habemos feitos agora”. O grupo galego comezará a súa xira no Melona Fest, que se celebrará entre 1 e o 5 abril en Santiago de Compostela

O próximo traballo dos galegos xestouse de novo baixo os mandos do produtor Carlos Hernández, quen acumula unha ampla experiencia e recoñecemento por traballar con bandas da talla de Carolina Durante, Los Punsetes ou La Plata. O primeiro adianto de Triángulo de Amor Bizarro chámase Ruptura e é un himno pasado de revolucións pasado por un filtro estridente e distorsionado.

O Melona Fest será a primeira ocasión de gozar do irresistible directo dos de Abanqueiro, que sacudirán a capital galega antes de emprender unha vira que lles levará a festivais como o BBK Live de Bilbao ou o FIB de Benicàssim.


APOSTA POLA MÚSICA URBANA

A programación do Melona Fest sempre se caracterizou pola súa pluralidade e diversidade de propostas. Boa proba diso é a incorporación de Chico Blanco e Limabeatz ao cartel desta quinta edición. O primeiro irrompeu na escena cunha proposta única e orixinal que recupera xéneros como o house noventeiro, o eurodance ou o UK garage para cruzalos co ADN da música urbana actual. Tan crúas como positivas, as súas letras reflicten o espírito dunha xeración que só quere “bailar baixo a luz da discoteca”.

Por outra banda, Limabeatz é un artista que leva máis de dez anos en contacto coas escenas urbanas e electrónicas de gran parte do mundo. Os seus poderosos e contundentes ritmos no produtor elixido por Cecilio G para ser a súa man dereita, tanto en directo como á hora de producir, e a traballar con artistas como Mc Buzzz, Afrojuice 195 e Pedro LaDroga, entre outros.


A REIVENCIÓN DOS CLÁSICOS


Ana Valladares e Iman Amar son Adios Amores, un sopro de aire fresco á música pop nacional con ecos innegables a Jeanette e ás pegadizas melodías ye-yé doutras artistas icónicas como France Gall ou Françoise Hardy. A súa primeira publicación, Charlotte, supón un empuxe pop que en apenas tres minutos e medio desarma, seduce e namora.

My Expansive Awareness compaxinaron o seu prolífica produción discográfica (seis referencias en sete anos) cun estado de xira case continuo. Isto permitiulles visitar os festivales máis importantes da Península (Primavera Sound, Vida Festival, Low, Monkey Week,..) á vez que encadenaban aparicións internacionais en países como Portugal, Francia, UK ou EEUU. Esta intensa actividade no estudo e nos escenarios convertiu á banda nun dos nomes crave para entender a actual escena da neo-psicodelia.

Pódeche interesar...
Que ver a partir de hoxe en Disney+