Valtonyc lémbrase de Suso Vaamonde na súa versión de 'Bella Ciao'

O rapeiro Valtonyc sacou á luz xunto a Alegrià e Libertà unha nova versión do clásica canción antifascista “Bella Ciao”. Abre cun recitado que comeza cun contundente “por Suso Vaamonde”. O músico galego estivo exiliado do Estado español durante os anos oitenta tras recibir unha condena polas letras das súas cancións. A mesma situación na que se atopa o rapeiro mallorquín na actualidade.
No tema mestúrase a clásica musicalidade moi coñecida da canción orixinal co rapeado de Valtonyc. Ten partes en galego, castelán, mallorquín e italiano. Ademais, pecha cunha parte de “Ojalá”, a famosa canción do músico cubano Silvio Rodríguez.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.