Verto estrean ‘Como son Goku’

Verto continúan a amosarnos pequenas probas do que ofrecerá seu segundo disco despois de debutar co disco ‘Puro ocio’ poñendo o seu nome no mapa da música galega. O segundo adianto do seu novo traballo titúlase ‘Como son Goku’, continúa a estética nostálxica que xa puidemos escoitar no anterior sinxelo ‘Todo o que che din’ e que promete marcar todo o álbum. Ademáis, ‘Como son Goku’ chega acompañada dun videoclip dirixido e realizado por Mundo X que explora con imaxes a proposta do dúo formado por Fer e Berto para este novo álbum.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.