Verto por fin publicou ‘Todo o que che din’ o primeiro adianto do seu novo álbum. Despois da publicación de Puro ocio, eran moitas as persoas que agardaban a súa nova música. Como é habitual, o tema foi grabado, producido e misturado por eles mesmos e nesta ocasión foi masterizado por Cem Oral en Janmin’ Masters. É unha viraxe aos anos 80 dos Verto, xa que segundo din, todo o disco vai seguir ese ton. Para escoitar dentro do Coche Fantástico!
