Volve Curta ou Susto, o concurso de microfilmes do Galician Freaky Film Festival

Volve o concurso de micro curtametraxes do Galician Freaky Film Festival Curta ou Susto. O obxectivo das obras presentadas deberá ser provocar un susto ou arrepío no público en menos de trinta segundos. O mellores traballos proxectaranse no evento, que se celebrará do 29 de setembro ao 2 de outubro.

Para participar, soamente hai que subir a obra a Facebook, Instagram ou Twitter co cancelo #CurtaouSusto2021, etiquetar á páxina do festival e seguila na rede que se elixa para subir a micro curta. O período de presentación xa está aberto e rematará o 31 de agosto.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.