Westworld estreará a súa terceira tempada o 16 de marzo

Actores como Aaron Paul ou Lena Waithe uniranse á serie en oito novos episodios.

A serie da HBO e gañadora do Emmy, Westworld, volverá o vindeiro 16 de marzo para unha terceira temporada que constará de oito episodios. Volven para ela actores xa coñecidos polos fanáticos da serie como Evan Rachel Wood, Thandie Newton (quen gañou o Emmy a mellor actriz de reparto polo seu papel de Maeve), Ed Harris, Jeffrey Wright, Tessa Thompson ou Simon Quaterman, entre outros.

Únense ao reparto da nova temporada actores como Aaron Paul (Breaking Bad, Bojack Horseman), Vincent Cassel (Cisne Negro, Mesrine), Lena Waithe (Master of None), Scott Mescudi, Marshan Lynch, John Gallagher Jr, Michael Ealy e Tommy Flanagan.

Westworld foi creada por Jonathan Nolan e Lisa Joy, que exercen de produtores executivos con J.J. Abrams, Athena Wickman, Richard J. Lewis, Ben Stephenson e Denise Thé. A serie está producida por Kilter Films e Bad Robot Productions, en asociación coa Warner Bros, e baseada na película orixinal escrita por Michael Crischton.

Pódeche interesar...
Temples abrirán unha nova edición do ciclo de concertos Delicatessen en Vigo