Xosé Ricardo Losada presentará ‘A casa xunto ao volcán’ en Compostela

A libraría Couceiro de Santiago de Compostela albergará a presentación do Premio Viadutos 2019.

O vindeiro mércores 19 de febreiro, celebrarase na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación de A casa xunto ao volcán, novela do escritor Xosé Ricardo Losada e gañadora do Premio Viadutos 2019. Na presentación, acompañando ao autor, estarán Malores Villanueva (Editorial Galaxia) e o escritor Xosé Manuel Lobato.

A casa xunto ao volcán conta a historia de Xeila, unha ourensá de dezasete anos que verá como a súa vida tal e como a coñece se esvaece: separacións, dúbidas, inseguridades, traslados e comezos novos… Terá agora que buscar unha mirada propia do mundo, achegándose a comportamentos estraños e contraditorios polo camiño da adolescencia, un reto auto-imposto a partir do pensamento de Nietzsche: “construíde a vosa casa ao lado dun volcán“.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.