O Son do Camiño anuncia o cartel completo

15 artistas galegos forman parte dun line-up diverso no que destacan The National, Bad Bunny, Liam Gallagher ou Foals

Tras semanas de rumores sobre un cartel que non daba visto a luz, o Son do Camiño vén de confirmar o line-up completo da que será a súa terceira edición. Entre o 18 e 20 de xuño, pasarán polo Monte do Gozo compostelán 35 grupos e artistas de sete nacionalidades distintas. Os abonos sairán á venda o vindeiro martes, 10 de marzo, ás 14 horas, cun precio inicial de 59 euros, que irá ascendendo a medida que se vaian esgotando os tramos dispoñibles.

Este ano, o cartaz inclúe 15 artistas galegos: Triángulo de Amor Bizarro, Xoel López, Sen Senra, Boyanka Kostova, Furious Monkey House, Guadi Galego, Budiño, The Killer Barbies, Presumido, Kings of the Beach, Pablo Lesuit, Escuchando Elefantes, Wöyza, Cora Velasco e Carolina Rubirosa.

Encabezando o line-up, atopámonos desde expoñentes do rock alternativo como The National, Liam Gallagher, Foals ou Editors, ata ídolos de masas do reggaeton actual como Bad Bunny ou Daddy Yankee, pasando polos grandes DJs que trae cada ano o festival –DJ Snake, Armin van Buuren– ata o mellor do rap estatal –Kase.O, Natos y Waor-.

Este ano, O Son Do Camiño ampliará o seu aforo nun 20%, chegando a máis de 100.000 personas. A organización promete un recinto máis amplio e máis cómodo, que presentará por primeira vez un tercer escenario. Tamén continuarán os plans de transportes e de restauración das pasadas edicións, así como a Zona de Descanso, que será para cuatro mil persoas. 

Pódeche interesar...
Clara!: “A xente ve o reggaeton como machista porque é sexual, e iso é moi machista”