Os abonos do Son do Camiño esgótanse en menos dunha hora

As entradas diarias sairán á venda en canto se anuncie o cartel por días

O festival O Son do Camiño vén de esgotar en menos dunha hora todos os abonos normais, que saíran á venda ás pasadas 14 horas. Por terceiro ano consecutivo, os tickets completos puxéronse á venda por tramos, comezando por unha primeira oferta a 59 euros máis gastos e aumentando ata os 99 euros. Actualmente soamente están dispoñibles os abonos VIP, a un prezo de 199 euros máis gastos. As entradas de día, aínda co prezo sen confirmar, sairán á venda proximamente, tras o anunciamento do cartel por días.

Porén moitos usuarios teñen manifestado ás súas queixas respecto ao cambio de do servizo de venda de entradas -mentres que os dous anos anteriores adquiríanse por medio de Ticletmaster, desta vez a compañía vendedora é Eventbrite-. Esperas na cola virtual que non foron a ningún lado e rexeitamentos consecutivos do pago con tarxeta son as dúas reclamacións máis frecuentes, expresadas en redes por moitos potenciais clientes que se quedaron sen abono.

Pódeche interesar...
Esta é a música galega nomeada aos Premios MIN 2020