Xabier Díaz lanza ‘No Salón das Cereixas’, primeiro single do seu novo álbum ‘As Catedrais Silenciadas’

O novo álbum será lanzado o vindeiro 13 de marzo.

A modo de pasodobre, e en homenaxe ás nais e avoas que conservaron a lírica e a música pouplar, No salón das cereixas é o primeiro sinxelo do que será o novo álbum de Xabier Díaz, chamado As catedrais silenciadas. O vídeo que acompaña a canción é de Consuelo dos Queixos, e describe o motivo que inspirou ao tema.

As Catedrais Silenciadas verá a luz ao completo o vindeiro 13 de marzo. No álbum, como de costume, irá acompañado das Adufeiras de Salitre.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.