9 anuncios de videoxogos antes de Willyrex

Willyrex ten unha filla. Foi noticia en todo o mundo non tanto polo feito en si, senón polo que o denominado “pai” de Youtube no Estado español marcou para unha xeración. E é unha sensación palpable do paso do tempo. Pero que pasaba cos videoxogos antes de Willyrex? (Ademais de que a xente dicía que te volvías violento por xogar ao Street Fighter) Como era a publicidade antes dos influencers de videoxogos.

Na lista hai anuncios que son posteriores a que Willyrex comezara a facer vídeos, pero en pos do divertimento común decidimos saltarnos a nosa propia regra. Podes estar decepcionado, pero te pedimos que sigas lendo. Tamén é decepcionante que a filla de Willyrex se chame María e non X Æ A-12 e aquí estamos.

Soy Willy Toledo y soy un paladín”. Nese 2007 que parece marciano onde Youtube usábase como plataforma para ver videos de gatos. Nada máis e nada menos que Willy Toledo foi a imaxe no Estado español do World of Warcaft. O por aquel entón xogo online máis xogado e que noutros lugares os elixidos foron Chuck Norris, Jean-Claude Van Damme e por estes lugares o actor máis polémico da actualidade foi o elixido. Sorte houbo de que o elixido non fora Santiago Segura.

Ese mesmo ano e durante o que durou o lanzamento de Nintendo DS un das imaxes oficiais foi nada máis e nada menos que Estopa. Grupo emblemático e referente para unha xeracións, pasaron de traballar na Seat ao triunfo. E polo camiño deixaron as súas pastillas de freo neste Ridge Racer DS. Do xogo ninguén se lembra, dos Estopa todos.

Se este anuncio está aquí é porque directamente cambiou o sentido da publicidade en certa medida. Ademais logrou algo importante lograr que Playstation transcendera ao seu público. En moitas casas para xente maiores que moitos nenos que medraron nesa época só se vía na televisión Son Goku, xogábase aos Pikachus nunha “Plei”. E en boa parte a culpa a tivo esta obra do director Chris Cunningham tan estraña como impactante para a súa época.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.