9 anuncios de videoxogos antes de Willyrex

Os últimos anos da vida de Eduard Punset foron marcados polos seus anuncios de televisión. Aínda é un misterio de por que decidiu anunciar pan Bimbo, pero coa Nintendo 3ds a verdade deixou un documento gráfico para non esquecer. Iso si, se Punset consideraba que o 3D que sacou a primeira 3DS era como deberiamos ver as cousas, dende logo necesitaba graduar as súas gafas.

Houbo un momento no que a guerra entre consolas era máis que catro Gamers™ tranoitados vestidos de hoolingans do Millwall. A rivalidade entre Sega e Nintendo foi lendaria e deixou xogos de palabras tan icónicos como Nintendon’t. Absolutamente tremendo. Iso si, SEGA gañou a batalla semántica pero perdeu a guerra. Polo menos segue facendo o Football Manager todos os anos, ese xogo que causa nos seus usuarios unha dependencia quen de rachar calquera vínculo coa sociedade. Como o WoW pero con fútbol, o mellor de cada casa no Internet.

Hai acontecementos históricos no dixital que convén esquecer, como que Gaspar Llamazares fixera un mitin en Second Life pero hai algún que non se coñece moito que se convén rescatar. E un deses é esta promoción dos Sims onde La Oreja de Van Gogh cantaba no idioma do propio xogo. No musical non é demasiado transcendente. E no xogable tampouco, pero curioso é un rato. Nós non podemos deixar de escoitalo, e agora ti tampouco.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.