9 anuncios de videoxogos antes de Willyrex

Entre Twin Peaks e Mulholland Drive existíu un paso intermedio necesario na carreira de David Lynch. E non falamos nin de Lost Highway nin de The Straight Story, senón de Playstation 2: The Third Place. O cineasta capaz de destruír os cerebros de todo aquel que se atrevía a ver unha das súas películas, no 2000 tamén destruiría a todo aquel gamer estadounidense que puidera estar pensando en comprarse unha consola. O resultado? Unha campaña publicitaria rozando o absurdo liderada por el e o maior éxito de vendas da historia dos videoxogos. Como dato, a ver se adiviñades quen pon voz ao pato de traxe.

Pouco despois de que as irmás Cruz deran ambas o salto a Hollywood (Se contamos como salto a Hollywood que Mónica fixera de dobre de Penélope na última película da saga dos Piratas do Caribe), ambas protagonizaron un anuncio no que competían no Super Mario como poderiamos facer o resto de seres humanos. Ao final, e como parte da aposta da competición, Penélope Cruz vestíase dese fontaneiro que acaba de cumprir 35 anos. Na versión dobrada ao castelán, procurar benevolencia racial semella un desafío maior que vencer a Bowser. Menos mal que as cousas cambian!

Aínda ten un aire de misterio tentar entender por que Xbox decidiu cancelar Standoff nas súas promocións. No clip, víase un enfrontamento en modo Battle Royal antes de que o Fortnite sequera existise, cun taxista cuxa conexión tiña incluso lag!

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.