Hoxe chega Red Dead Redemption 2 a PC

O ultimo da xigante RockStar será lanzado hoxe ás 14:00 horas.

O pasado 4 de outubro, RockStar Games (Grand Theft Auto, Max Payne) anunciaba nas súas redes sociais algo que levaba tempo sendo pedido, aclamado e suplicado: por fin, Red Dead Redemption 2 chegaba a PC.

A terceira parte da saga Red Dead funciona como unha precuela da edición anterior. Poñémonos na pel de Arthur Morgan e a banda de Van der Linde. Axentes federais e cazarrecompensas perseguirannos e non nos quedará máis remedio que sobrevivir como poidamos, xa sexa atracando, roubando ou disparando.

Red Dead Redemption 2 leva encantando a todo aquel que tivo o placer e a sorte de xogalo en consolas, e o paso a ordenadores era soamente xa unha imperiosa necesidade de conseguir o mesmo éxito nesta versión igual que fixeron outros xogos da compañía como os Grand Theft Auto ou L.A. Noire.

O xogo non é exclusivo da tenda oficial de RockStar, e pódese comprar tamén en Epic Games, Greenman Gaming, Humble Store, Gamestop, e outros.

Pódeche interesar...
Death Stranding continúa a xerar expectación co seu tráiler de lanzamento