Revolution 2×06 – Pokémon Escudo e Espada

O primeiro programa do ano lévanos ata a interesante rexión de Galar. Pokémon Espada e Escudo foi recibido con críticas bastante mixtas, pero converteuse moi rápido nun dos títulos máis vendidos da Nintendo Switch. Analizaremos a esperada oitava xeración de Pokémon, que vén de recibir o pasado xoves o anuncio dun pase de expansión que traerá 200 novas criaturas á pokédex de Galar. Tamén iremos ata Galdia, un proxecto homenaxe a esta lendaria franquía de Game Freak ambientado en Galicia.

O invitado da semana é Evelio Sánchez, organizador da Hobby Pont, unha ‘game jam’ que se celebrará entre os días 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro en Pontevedra. Falaremos sobre este tipo de eventos, nos que a improvisación e a creatividade poden dar lugar a futuras obras maestras da industria.

A actualidade correrá a cargo de:

  • O novo logo da PS5 e a retrocompatibilidade
  • Alienware e a súa ‘copia’ da Switch
  • Elden Ring, que podería estar máis preto do que parece
  • Filtracións sobre un posible redeseño da Switch
Pódeche interesar...
‘Mr. Robot’: Cyberpunk sen coches voadores