The Outer Worlds: Si hai Planeta B, pero é igual de deprimente

Nunha charla de hai anos, o sociólogo asturiano César Rendueles sostivo que a maior parte da poboación mundial é anticapitalista, só que non sabe. No momento que alguén fai un favor desinteresadamente, está indo radicalmente en contra das políticas clásicas liberais e de libre mercado. Non sei se chega a ese extremo, pero desde logo, Tim Cain e Leonard Boyarsky, directores desde Obsidian deste novo xogo, non lle teñen precisamente aprecio a este sistema.

Obsidian Entertainment son célebres por ser creadores da mítica saga Fallout e de seguramente a súa entrega máis laureada, o Fallout New Vegas (Como ben se encargan de lembrar nos créditos iniciais). Son mestres en facer xogos de rol, sendo un dos estudios occidentais máis celebrados deste xénero. E neste, seguen na súa liña.

The Outer Worlds transcorre na colonia de Alción, un sistema solar a anos luz do noso, ao que o noso personaxe é enviado como colono xuntos outros 999 nesa mesma nave. O problema é que a nave queda a deriva durante varias décadas e espertamos da hibernación case de casualidade por un científico con aires revolucionarios que quere cambiar a situación política dos planetas. Pero o pastel está xa repartido. Diversas corporacións que intentan emular os produtos da Terra coa fauna alien e unha Xunta de accionistas protexida por unha milicia privada fixéronse co control de todo. E lle toca ao noso personaxe, tan ignorante da situación como a persoa que suxeita o mando tras a pantalla, intentar arreglar os desaguisados dos demáis.

A premisa do protagonista é non só moi interesante, se non a que pide a gritos este tipo de xogos. Creando ao personaxe non só podemos modificarlle o aspecto físico e as estatísticas de disparos e fala, tamén podemos darlle unha profesión de segunda coa que foi enviado a Alción. Isto non ten ningún efecto a nivel de xogo máis que contextualizar que o protagonista non é nadie importante. Preguntamos aos paisanos locais sobre as diferentes intrigas políticas non só por que se necesite explicar a trama e o seu universo, se non por que o pobre protagonista sabe tanto como nós.

O personaxe que Obsidian nos da é un absoluto folio en branco sobre o que, en definitiva, podemos rolear como guste: Un pistoleiro que fai de chico dos recados para unha conserveira? Un diplomático que intenta avogar pola paz entre as diferentes riñas empresariais? Un tolo que só quere ver arder os pilares dunha sociedade xa fundamentada? Todo é válido.  

A nivel puramente xogable, como shooter en primeira persoa tamén funciona. É divertido e satisfactorio, pero máis todavía nos dialogos, onde Obsidian firma probablemente o seu xogo máis xenuinamente divertido. Non tanto as diversas pantallas de carga de máis medio minuto e certas cargas a nivel técnico, que se ben non arruinan o xogo, si fan que a ratos saias da experiencia e a inmersión.

Inmersión que se ve reflexada no vivo sistema de faccións, que parece ser herdeiro de Fallout New Vegas. Durante a aventura o protagonista irá coñecendo diversas faccións coas que pode gañar ou perder simpatía, a base de axudalos ou facerlles a vida un pouco máis difícil. A maioría delas serán algunhas das empresas que controlan Alción, desde fabricantes de produtos de marca branca, comerciantes de artículos de luxo ou piratas espaciais que se fan pasar por chatarreiros. Se ben desde Obsidian deixan en todo momento claro a súa crítica ao capitalismo, non hai ningún medidor de karma que nos xulgue por tomar X ou Y acción. Podemos interpretar a un revolucionario con ganas de levar a democracia a Alción ou a un buscavidas que se alinee con quen máis cartos vaialle meter no bolsillo.

A ambientación do xogo tamén é un gran acerto. En Fallout habitabamos uns EEUU post-guerra nuclear que nunca abandonaran o modo de vida dos 50 e a súa estética tan colorida. Era un contraste interesante o optimismo do American Way of Life mezclado coas bestas nacidas da radiación. Aquí, para falar deste sistema solar absolutamente corporativista, o xogo tira máis por unha estética similar a dos anos 20, lembrando a esas ilustracións de Como será o futuro? da época colonial. Sentalle estupendamente, pero vai moito máis alá da estética. Por aquí entra o punto forte do xogo, que fai ver que Obsidian seguen tendo capacidade de crear historias e universos de primeiro nivel: A crítica política.

Alción, os seus planetas e habitantes, son destruídos polas corporacións que imperan. Nos diversos planetas non existen sindicatos, nin seguros, nin ningunha garantía para os traballadores nin a fauna autóctona que depredan. Atopámonos cunha epidemia de peste que a corporación local non se preocupa en curar por que simplemente non sae rentable curar a todos, un caso de suicidio que un capataz considera “daño a propiedade da empresa” e que ao morrer, cada traballador ten que facerse cargo do seu propio funeral e enterro. E isto só no primeiro mundo que visitamos.

O peor é que se decidimos facernos os heroes, axudar a poboación local e ir a polo tirano que está facendo todas estas barbaridades, atoparemos que só é outro mandado, outro eslabón máis na cadea de mando, que fagamos o que fagamos, seguirá operando. Aínda que tomamos decisións, o universo e as diversas faccións do xogo parece non estar demasiado preocupadas da nosa existencia ata o final do xogo. Da igual a quen mostremos o noso apoio ou indignación: O sistema será sendo igual de inxusto.

Pese a problemas técnicos de baixa índole, desde Obsidian firman un dos seus mellores xogos, unha auténtica marabilla rolera cun comentario social que en plena época post-fordista e de debates como se unha xornada de 40 horas semanais é ética, resulta un auténtico dardo envelenado, pero que acerta de pleno na diana.

Desenvolvedora: Obsidian Entertainment
Distribuidora: Private Division
Ano: 2019
Directores: Leonard Boyarsky, Tim Cain
Guión: Leonard Boyarsky
Programación: Mark DeGeorge
Arte: Daniel Alpert
Compositor: Justin E. Bell
Plataformas
PlayStation 4
Microsoft Windows
Xbox One
Nintendo Switch (2020)
4
Pódeche interesar...
Death Stranding continúa a xerar expectación co seu tráiler de lanzamento