‘Cuñados’ mantense como a película máis vista en Galicia tres semanas despois da súa estrea

A comedia galega Cuñados, dirixida por Toño López, mantense como o filme máis visto en Galicia dende que se estreou en cines o pasado 9 de abril. Cuñados é unha comedia de enredo sobre as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. O filme ten un só obxectivo que logra á perfección, provocar a risa.

A película conta con algunhas caras destacables dentro do panorama cinematográfico galego como Xosé A. Touriñán , Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández ou María Vázquez. A película sostense fundamentalmente sobre o seu guión que corre a cargo de Araceli Gonda.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.