Nace Compostela Filmada, unha web que relata a unión entre Santiago e o cine

A primeira filmación cinematográfica da que se ten noticia en Santiago é de 1910, e a segunda, de 1920. Desde entón, a cidade foi escenario de case un centenar de rodaxes. Dar a coñecer a intensa vinculación histórica da capital galega co mundo do cinema é o obxectivo do proxecto Compostela Filmada, coordinado por Óscar Senra para o Concello de Santiago.

A iniciativa, artellada a través dunha páxina web co mesmo nome, ofrece información dos longametraxes, curtametraxes, documentais e series que foron gravados na cidade. Ademais inclúese a información sobre os espazos de exhibición así como de festivais como Cineuropa, Curtocircuito, Amal ou MICE.

Por Compostela pasaron directores e directoras recoñecidos internacionalmente, como Luís Buñuel, Stanley Kramer ou Pedro Almodóvar; e actores e actrices míticos como Cary Grant ou Ornella Muti. Tamén, por suposto, de producións galegas de grande calidade. A páxina está presentada a modo de guía cinematográfica e ten ánimo de estar en contanste expansión.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.