‘Neva en Benidorm’: O sol que quenta a neve

Benidorm configúrase no imaxinario de moitos de nós como a cidade da luxuría e do libre albedrío; das xornadas de praia, noite e alcohol; onde a paixón surxe con facilidade entre as xentes de todas as idades. Un lúar no que as diversas xeracións esquecen a súas rutinas e disfrutan do armonioso clima que ofrece o litoral mediterráneo. Na cidade na que a cervexa se quenta ao sol, a noite non ten hora de comenzo nin de final. E todo isto é narrado na primera secuencia da última película da directora catalana Isabel Coixet, na que un grupo de muxeres festexan, ornamentadas con accesorios de carácter sexual, unha despedida de solteira. 

Pero a imaxe transmitida de Benidorm transfórmase rápidamente no avance do filme. Establecendo un paralelismo entre a sombría Inglaterra e a soleada costa mediterránea, a cidade alacantina comeza a amosar un dos seus perfís nada coñecidos. Os planos do filme, no desenvolvemento da trama, medran a nosa mirada sobre ela, para dar a mostrar unha paisaxe na que tamén ten cabida a soidade.

É xustamente ista, a soidade, a palabra chave que describe a obra de Coixet, que narra a historia dun recentemente prexubilado traballador de banca que decide partir a Benidorm na visita do seu irmán. Mais unha serie de feitos desafortunados teñen lugar e as xornadas de descanso do protagonista convértense na busca do seu irmán desaparecido. O achegamento ao perdido preséntase entón como a trama xeral do filme, aínda que, en realidade, é tan solo unha escusa para unha exploración que va moito mais alá. 

As alusións e a atención al clima vólvense nunha constante indispensable no desenvolvemento da trama, no que o seu montaxe ‒aínda que non moi novidoso‒, o título do filme e moitas outras cousas que suceden nel, encáixanos á perfección cando coñecemos nos primeiros minutos as aficións do personaxe protagonista; un infeliz amante da meteoroloxía. 

Xunto coa cuestión climática, a busca fraternal marca cada un dos puntos do filme; unha busca que xa inscribira en anteriores realizacións a directora, en exemplos como Miña vida sen min (2003) ou A vida secreta das palabras (2005), ambas as protagonizadas por Sara Polley. En Neva en Benidorm (2020), é Timothy Spall quen toma o relevo para interpretar a este arquetipo de antihéroe que imos coñecendo en profundidade a partir da relación de amizade que comeza a manter coa personaxe encarnada por Sarita Choudhury, unha bailarina de cabaret estrafalario tan marcada pola soidade como o anterior. Xunto aos dous, tamén é destacable a curiosa personalidade da policía do lúar interpretada por Carmen Machi, obsesionada por completo coa figura e obra de Sylvia Plath; quen nos introduce, como non podía ser doutra maneira, que a escritora residiu na cidade durante parte da súa carreira. 

Así, a través do perfil duns e outros personaxes, das súas aficións e das súas maneiras de mirar ao paisaxe, Coixet consegue levar a cabo unha síntese equilibrada de xéneros que manteñen a dúbida e a inquietude do espectador. Para lograr isto, xoga un papel indispensable a súa maneira de capturar a cara descoñecida dunha cidade oculta tras as grandes torres de edificios e as luces de neón, e cuxas imaxes son esculpidas co toque sentimental que a directora tantas veces puido demostrar. 

Unha mirada diferente da catalana que cambia a nosa; unha sucesión de imaxes melancólicas que chegan á alma; polas que Coixet alcanza a mezcolanza perfecta entre o amor e a soidade, entre o que podemos considerar o día e a noite de cada un dos seus personaxes; unha dialéctica que traslada para retratar, a súa vez, todo aquelo que envolve a trama: a evocadora e sofocadora ‒como o sol que a quenta‒ cidade de Benidorm.

Director: Isabel Coixet
Guión: Isabel Coixet
Fotografía: Jean-Claude Larrieu
Música: Alfonso de Vilallonga
Ano: 2020
País: España
3.5
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.