‘O Amor está na auga’: O Yuasa máis comercial segue sendo Yuasa

O director xaponés volve cunha historia de amor absolutamente preciosa

Masaaki Yuasa é, sen lugar a dúbidas, un dos directores de animación xaponesa máis importantes do século XXI. Fíxose mundialmente coñecido por dirixir o anime orixinal de Netflix Devilman Crybaby, onde os seus fans acérrimos deron boa conta que estaba tornando nun estilo cada vez máis accesible e cunhas temáticas menos complexas tras obras tan icónicas como Ping Pong the Animation ou Tatami Galaxy, onde fai gala de unha gran complexidade.

No amor esta na auga, esta nova longametraxe que lle valeu para ser premiado no festival de Sitges, vese como Yuasa cruzou totalmente o camiño cara á comercialidade, entendendo esta como o feito de facer un produto máis dixerible. Aquí conta unha historia de amor dende o pequeno, onde unha surfeira e un bombeiro coñécense, namóranse e sepáranse abruptamente pola morte dun dos compoñentes da parella que se ve alterado por un compoñente. Unha historia que sobre o papel podería firmar Makoto Shinkai.

UNHA GRAN PERSONALIDADE

Pero non, Yuasa fai este xénero totalmente seu para dar unha lección de como se plantexa unha historia. A pesar dos tropos que existen no anime, como a excesiva explicación nalgún punto, o director xaponés fai o que Shinkai parece que nunca poderá lograr: crear unha conexión co espectador dende o pequeno contando a través da imaxe.

En concreto, refírome a marabillosa secuencia onde se narra o proceso de coñecerse da parella, muda salvo polo tema principal interpretado directamente polas voces dos personaxes e onde triunfa polos grandes xestos de complicidade que se establecen coa animación. Esta non é excesivamente detallada polo xeral, pero céntrase en incorporar pequenos xestos en instantes que lembran ao mellor Miyazaki e que en transmisión de sentimentos con tan pouco pode situarse soamente un banzo por debaixo da icónica secuencia de Up.

E é que esta película contará unha historia mil veces contada, pero leva a firma de Masaaki Yuasa. O uso da banda sonora a nivel narrativo é espectacular. Fíxase os sentimentos co espectador polos personaxes nos primeiros quince minutos do filme para logo xogar ao seu antollo con eles. Logra niveis de identificación moi complicados de acadar sen fogos artificiais. O tema principal doe moi dentro, calquera que vexa a película pode confirmalo.

O OFICIO

Outro aspecto a destacar é que aínda que animación é moito menos experimental que en outras ocasións, si que se permite ter momentos onde a cámara pasa en primeira persoa e se conduce unha bicicleta e todo pasa a ser deformado ou cando a auga tórnase protagonista e se demostra que non fai falta miles de partículas necesariamente para que algo luza precioso.

O Amor está na auga é unha historia común, íntima e que non innova no que aínda que si no como. Tampouco se tira á piscina, pero demostra o gran oficio que ten Yuasa. A pesar diso, ben é certo que algunhas subtramas son bastante frouxas e a parte central do filme non funciona tan ben como debería por momentos. Un filme máis que correcto e que demostra que aínda que se teña unha historia do máis común, en boas mans pode tornarse en algo destacable.

Director: Masaaki Yuasa
Guión: Reiko Yoshida
Fotografía: Animación
Música: Michiru Ohshima
Ano: 2019
País: Xapón
3.5
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.