Episodio 7: The Elder

‘Star Wars: Visions’, unha ollada diferente a unha galaxia coñecida

A animación estase a converter nun dos valores seguros da saga Star Wars. Despois dunha triloxía de secuelas con moitas luces e sombras ou spin offs esquecibles como ‘Han Solo’ (2018), quedou máis que claro que non todas as estreas baixo a marca Star Wars van a ser un éxito asegurado ou a contar cunha gran acollida entre os fans desta franquía.

No terreo de animación parecía que o camiño ía a ser similar, especialmente coa estrea en 2008 da película ‘The Clone Wars’ e os primeiros capítulos da serie de mesmo nome. Porén, a medida que foron pasando as tempadas, a recepción foi cada vez mellor, ata o punto de que a día de hoxe moitos considérana o mellor produto da era das precuelas, que mesmo acaba de ter unha especie de continuación con ‘The Bad Batch’. Outras series como ‘Rebels’ aportan menos información sobre os principais personaxes de Star Wars pero con historias tan entretidas ou mesmo máis que as de ‘The Clone Wars’.

Así, podería parecer que estrear unha nova serie de animación no universo Star Wars podería ser un valor seguro, pero ‘Star Wars: Visions’ é unha produción completamente diferente ao que foron todas as series anteriores desta saga. En lugar de atoparnos cunha nova aventura situada neste universo, ‘Visions’ funciona como unha colección de curtametraxes, onde cada capítulo presenta unha situación, uns personaxes e mesmo unha estética completamente independente.

Episodio 1: The Duel

Desta volta, sete estudos de animación xaponeses contan as súas propias historias, ambientadas en distintas épocas e que non forman parte do canon da saga. Episodios como ‘The Duel’, que homenaxea de maneira directa ao cine de Akira Kurosawa, está animado polo estudo Kamikaze Douga, famoso por producir animes como Batman Ninja, Kouchuu Ouja Mushiking – Mori no Tami no Densetsu, así como colaborar nos opening da serie de Jojo’s Bizarre Adventure, Terra Formars e Idolish 7.

Algúns capítulos achégase máis ao estilo narrativo máis clásico de Star Wars como ‘The Ninth Jedi’, da man de Production IG, un estudo que está detrás de proxectos como Shin Chan, Medabots, The Prince of Tennis, Ghost in the Shell, Shaman King, Kaleido Star, Blood+, Kimi ni Todoke ou Mirai Nikki. Outros episodios como ‘Tatooine Rhapsody’, de Studio Colorido, alónxase do habitual, seguindo a historia dunha pequena banda de rock pola galaxia.

Episodio 4: The Village Bride

A variedade das propostas desta nova serie é un dos seus puntos fortes tras unha triloxía de secuelas na que todo semellaba ser máis do mesmo. ‘Visions’ é un proxecto fresco que non se sinte como máis do mesmo, a diferencia do que sucedeu con ‘Qué pasaría se…’, unha proposta similar dentro do universo cinematográfico de Marvel. Se ben é certo que esta colección de curtas non vai revolucionar ‘Star Wars’, é unha mostra máis de que aínda se poden facer cousas diferentes dentro desta saga.

Dirección: Hiroyuki Imaishi, Masahiko Otsuka, Eunyoung Choi, Abel Góngora, Taku Kimura, Takanobu Mizuno, Kenji Kamiyama, Yuuki Igarashi, Hitoshi Haga
Guión: Yasumi Atarashi, Hitoshi Haga, Kenji Kamiyama, Yuichiro Kido, George Lucas, Takahito Oonishi, Miho Sakai, Sayawaka, Hiromi Wakabayashi, Masahiko Otsuka
Música: Yoshiaki Dewa, Michiru Ôshima, A-bee, Keiji Inai, Kazuma Jinnouchi, Kevin Penkin, Keiichiro Shibuya, Nobuko Toda, U-Zhaan
Ano: 2021
País: Xapón
3
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.