‘Toy Boy’: O efecto Mario Casas xa non funciona

A serie non destaca en ningún dos seus apartados

Pertenzo á unha xeración que medrou acompañada das series de Antena 3. Antes de ter nada semellante a criterio propio, lembro que unha noite a semana reuníame coa familia a ver cousas o O Internado ou máis tarde O Barco. Son desa xeración á que calquera mal acto os adultos botábanlle a culpa a que viramos Física o Química. Salvando as distancias, a Euphoria da miña adolescencia para a xente impresionable.

Era a época de Crepúsculo, de Robert Pattinson, Taylor Lautner e Mario Casas. Este último non saía na película, pero por esa época eu diría que na súa interpretación os tres actores falaban un nivel de español semellante. Non é nada novo nin moito menos, pero todas estas series de Antena 3 tiñan unha icona masculina que tiña unicamente como obxectivo enganchar ao público feminino. E Casas é o exemplo paradigmático desta fórmula, aínda que queden carpetas forradas de Martiño Rivas nos alcobas de todo o Estado.

PRODUTO DOUTRO TEMPO

A día de hoxe, con pleno acceso a Internet e a unha morea de plataformas dixitais, as series vense dun xeito ben diferente. Por suposto, segue habendo fandoms, mais o consumo é máis rápido e efervescente. É complicado atopar a un adolescente actual que se encariñe tanto dalgunha obra como nós neses anos durante tanto tempo seguido. Sobre todo dunha serie emitida na televisión lineal semana a semana. As cousas evolucionaron por mor dun contexto distinto.

A pesar da breve volta á gloria que supuxo A Casa de Papel para Atresmedia, a realidade é que as series que poderían buscar un público novo na televisión lineal están nunha crise que semella irresoluble. Ata o éxito da serie creada por Alex Pina foi condicionada á súa estrea en Netflix, e a empresa española tentou repetir a súa xogada mestra con Toy Boy, unha serie no que un stripper é acusado falsamente de asasinato.

Se ben a audiencia en Netflix foi moito mellor que en Antena 3 -que foi un desastre- non se acerca nin tan sequera ao éxito da Casa de Papel entre outras cousas porque Toy Boy ten unha premisa ancorada no pasado. Utiliza todas as fórmulas básicas das series da súa casa: Protagonista masculino atractivo, un misterio por resolver, diversas subtramas amorosas e un avance lento do misterio principal ata resolvelo parcialmente ao final da tempada para poder continuar coa serie.

Mario Casas era un, pero neste caso o grupo de strippers do que forma a personaxe de Hugo Beltrán (Jesús Mosquera) son cinco e teñen un show practicamente en cada episodio. Todos son gravados dun xeito semellante, o único que cambia soamente é a ambientación: o espectador poderá ver dende bombeiros ata un número inspirado no flamenco. A nivel narrativo salvo algunha excepción non aportan nada. Unicamente serven para ver aos musculados personaxes en panos menores, ao igual que algunhas secuencias nas que saen nus un pouco porque si.

TODO MAL

A serie é demasiado longa espremendo o  pouco interese que podería haber no misterio ata un punto case insoportable. Mestura subtramas tan disparatadas como con pouco interese con momentos de gran tedio. A súas case quince horas de metraxe dan para aburrirse en certos tramos e o sufrimento é recompensado con un episodio final extremadamente insatisfactorio.

Con isto non quero que se me malinterprete, non todo é malo e algunhas decisións si se salvan, aínda que non sexan moitas. De feito, sería unha obra máis mastigable se non se tomara tan en serio a si mesma. Chéganse a situacións que non teñen ningún sentido no guión en numerosas ocasións, e se fora unha comedia aloucada absurda ganaría moito máis que con ese envoltorio de drama afectado que non cumpre en ningún dos sentidos.

A nivel estético, os primeiros capítulos parece que intentan presentar unha certa marca persoal con profundidades de campo pequenas e unha cámara con moito movemento, mais isto rapidamente se esquece para comezar a utilizar estes recursos dun xeito totalmente arbitrario e sen ningún fin narrativo.

Ademais, Toy Boy é moi ruidosa, a banda sonora sempre soa demasiado alto. Aparte, moitas das cancións que sonan pouco o nada teñen que ver coas secuencias que acompañan. Non por utilizar o son dun xeito extremo vas transmitir máis emocións ao igual que por gritar non se ten máis razón. Por outra banda, a meirande parte das interpretacións son para dar de comer aparte e algúns episodios parece que os montou un amateur. Ao xuntar todo, resulta unha serie que ben se podería cualificar como terrible.

O audiovisual de entretemento debe existir, mais non todo vale. Ademais de utilizar unha fórmula esaxerada e xa gastada Toy Boy non ten nin alma nin encanto. Tecnicamente tampouco é un produto presentable. Hai partes feitas con tan pouco mimo que realmente asusta como os proxectos así poden saír adiante. O efecto Mario Casas xa non funciona, pero as obras feitas a desgana nunca o fixeron.

Creadores: César Benítez, Juan Carlos Cueto, Rocío Martínez Llano
Guión: Director: Álex Montoya
Guión: Jaume Pérez
Fotografía:Johnny Yebra
Ano: 2019
País: España
Fotografía:Guillem Oliver
Ano: 2018
País: España
0.5
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.