Cara finais de febreiro Belako publicaba o seu novo disco, Render Me Numb, Trivial Violence. Un traballo co que o cuarteto de Mungia se reivindicaba coma un proxecto musical consolidado a nivel estatal. Este era o seu terceiro álbum, o máis ambicioso ata a data. Non quixemos perder a oportunidade de achegarnos á sala Capitol para comprobar por nós mesmos se o seu directo nos causaba a mesma impresión.
Izaro foron os encargados de abrir o evento, ante unha sala medio baleira e un público un pouco frío. Esto posiblemente se debera a que non era o teloneiro axeitado. Por un lado, non se correspondía cos intereses musicais dun público que ía ver a Belako; e polo outro, o seu pop canónico e meloso, non conseguiu caldear o ambiente da sala.
Chegou o turno de Belako, pero a Capitol non se encheu moito máis. Atreveriamonos a dicir que a principal causa da ausencia de público neste concerto fose a contraprogramación que supuxo o Melona Fest. Ambos os dous eventos disputaban unha franxa de público semellante. Con todo, o concerto comezou con ”Maskenfreiheit”, o tema que abre o seu último disco. Puidemos comprobar desde este primeiro momento a contundencia do seu directo, incluso máis noise que a gravación de estudo. Tamén, a presenza dunha backing track cunhas melodías de sintetizador que exercían de arranxo e que deshumanizaron completamente a parte electrónica da banda. Os aportes electrónicos gañaron peso en “Nice church”, unha canción que representou un dos mellores momentos de todo o concerto e na que destacou a presenza dun baixo moi potente – unha das claves da banda – axudado por un efecto fuzz. Pablo Rodríguez
Non faltaron os temas máis coñecidos dos seus dous primeiros discos que, a dicir verdade, non funcionaron tan ben no concerto. Estas cancións só rebaixaron a intensidade dun directo caracterizado pola súa potencia. Sin ser aburridas, foron unha conta atrás para ver de novo a Belako na súa vertente máis punk e distorsionada. Si o seu último traballo nos pareceu a consolidación definitiva do grupo a nivel estatal, este concerto non fixo máis que confirmalo. As cancións que atopamos en Render Me Numb, Trivial Violence, lograron relucir aínda moito máis nas súas interpretacións en vivo.
Comience a escribir para ver resultados o presione Escape para cerrar
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.
Balea Cultural utiliza cookies propias e de terceiros para un funcionameito axeitado da web. Co teu consentimento, podemos facer que a túa navegación sexa a mellor posible. Se continúas por aquí, entendemos que aceptas a nosa política de cookies.Axustes de cookiesAceptar
Política de cookies e privacidade
Información sobre cookies
Esta páxina utiliza cookies para mellorar a túa experiencia mentras navegas na nosa web. Entre estas cookies, hai diferentes cookies categorizadas como necesarias que se gardan no teu navegador e son necesarias para o funcionamento básico da web. Tamén utilizamos cookies de terceiros para analizar e entender como utilizas a nosa web. Estas cookies serán gardadas no teu navegador só co teu consentimento. Tamén tes a opción de elexir que cookies desexas compartir connosco, pero pode ter un impacto negativo na túa navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para o funcionamento da web. Esta categoría só inclúe as cookies necesarias para asegurar as funcionalidades e seguridade básicas da web. Estas cookies non gardan ningunha información persoal.