Contacto xeral

Para calquera tipo de consulta, podes contactar connosco mediante o enderezo electrónico comunicacion@balea.gal.


Tentamos manternos ao día de todos os proxectos musicais, literarios e audiovisuais do panorama galego. Con todo, como é entendible, nun mundo cultural tan amplo e rico como o galego é habitual que moitos contidos queden fora do noso rango visual.


Se cres que o teu proxecto merece máis visualización, ou coñeces algún apunte cultural interesante, facilitamos esta sección para que nos axudes a coñecelo.


Balea Cultural resérvase o dereito a seleccionar aqueles contidos que, dende a plataforma, se consideren de interese ou non. Polo tanto, se ben todas as mensaxes serán lidas e estudadas, non nos comprometemos a que o contido sinalado sexa difundido.


Se atopaches algún erro gramático ou ortográfico nas nosas publicacións, infórmanos indicando en que artigos atopaches erros. Por adiantado, sentímolo!


No caso de atopar algún erro técnico no portal, por favor, comunicádevos connosco.

Notas de prensa

Para informacións de prensa, contactar directamente con prensa@balea.gal, axuntando sempre que sexa posible a nota de prensa correspondente á información que se está a compartir connosco.


En principio, Balea Cultural está aberta a que se engada o noso enderezo electrónico a calquera lista de distribución e promoción informativa. Con todo, dende o portal decidiremos que información publicar e cal non.

Colabora

Dende Balea Cultural, sempre estamos abertos a engadir novas colaboradoras ao noso proxecto, sexan habituais ou esporádicas. Se desexas formar parte da nosa familia, non dubides en contactar connosco mediante o enderezo electrónico colaboracions@balea.gal.


Balea Cultural só publicará artigos que concorden cos principios ideolóxicos cos que o portal funciona. Ademais disto, as publicacións de Balea son e serán sempre en galego.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.