MJ Pérez transforma a poesía de Carvalho Calero co seu novo sinxelo, Nom existe a morte, baseado nun poema do autor lembrado no día das Letras Galegas de 2020. A cantautora tenta acompañar e apoiar a mensaxe do poema mediante narración e música. O videoclip, que conta con Laura Romero realizando tarefas de ilustración e rotoscopia, tenta ser un percorrido visual a través do poema.
MJ Pérez lanzou o seu cuarto álbum, A Luz Prendida, o pasado ano 2020. Nom existe a morte é a súa primeira canción lanzada despois do álbum, e xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais. Foi gravada en Drum&Roll Studios, e producida por Iago Blanco.