O Sinsal toca terra na sua proxima edición co Sinsal Litoral SON EG

Debido á situación actual herdeira do xa pasado Estado de Alarma, a realización do Festival Sinsal na illa de San Simón resulta imposible. Ante isto, a organización traslada o festival a Redondela baixo a etiqueta Sinsal Litoral SON EG, con data entre o 22 e o 26 de xullo. Entre os escenarios escollidos están o castelo de Soutomaior, a lonxa de Cesantes, o Centro de Interpretación de Meirande, os Astilleros Cardama e o Mosteiro de Oia.

Se ben habitualmente tratábase dun cartel sorpresa, para este ano déronse xa datos dos artistas que participarán no festival, sendo estes Rodrigo Cuevas, Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero e Trilitrate, e ao mesmo tempo non tendo un papel tan protagonista como sempre: para este Sinsal Litoral, a organización ofrecerá xornadas dedicadas a explorar os diferentes espazos da cultura, dende o patrimonio cultural, pasando pola poesía e o cinema.  

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.