O último disco de Os Resentidos, liderados polo incombustible Antón Reixa, data xa de 1993. Se daquelas Están aquí significaba unha despedida, hoxe podemos dicir que Os Resentidos, vinte e oito anos despois, volven estar connosco.
Nautilus é a primeira peza que os vigueses adiantan do seu novo álbum, que recibirá o nome de Operación Nautilus. No videoclip, os debuxos dun artista de 14 anos con TEA, Antón Romero, cobran vida ao son das guitarras da banda.
Espérase que Operación Nautilus saia á luz na primavera deste 2021.