Black Francis e os Pixies no Paredes de Coura (Pedro Silva)

Paredes de Coura 2022: Entre os clásicos dos Pixies e o rap

Os franceses La Femme congregaron a primeira gran multitude da última xornada desta edición do Paredes de Coura coa súa mistura de sons sesenteiros co synth pop. Con todo, o palco principal do festival tiña outros grandes protagonistas, os Pixies como un dos nomes máis destacados do cartel e o rap, ao reunir aos dous principais artistas deste estilo que se pasaron este ano polo anfiteatro natural de Coura.

Princess Nokia sobre o escenario principal do Paredes de Coura 2022 (Pedro Silva)

Princess Nokia tomou o escenario despois de que seu DJ reproducira varios temas previamente para “quentar” ao público, pero mesmo así seu concerto resultou complicado. A a pesar de programar dous rapeiros de maneira consecutiva, boa parte das persoas congregadas no palco principal atopábanse agardando xa polos Pixies, tratándose dun perfil completamente diferente, unha tendencia que continuou durante o concerto de Slowthai. Curiosamente ámbolos dous DJs optaron por poñer un fragmento de “Barbie Girl”, algo que podería ser unha simple coincidencia ou evidenciar un “pique” entre ambos artistas, especialmente despois de que Princess Nokia agradecera a todos os artistas cos que compartía escenario ese día a excepción concretamente de Slowthai.

Perfume Genius durante seu concerto no Paredes de Coura 2022 (Pedro Silva)

O palco pequeno do recinto de Coura escoundeu tamén algunhas das mellores actuacións do día. Michael Alden Hadreas co seu proxecto Perfume Genius fixo un repaso polas mellores cancións ao longo dos discos que publicou ao longo da última década, algúns dos mellores discos de art pop que se lanzaron ao longo de todos estes anos, pechando a actuación coa xenial ‘Queen’. Por outra banda, Yves Tumor & It’s Band ofreceron un concerto incendiario e provocador no que misturou o rock agresivo coa psicodelia e o glam.

O concerto de Yves Tumor foi un dos máis sorprendentes da última xornada do Paredes de Coura 2022 (Pedro Silva)

Con todo, os grandes protagonistas desta xornada eran indudablemente os Pixies. A banda estadounidense que prácticamente inventou o son do rock alternativo dos ’90 antes de que finalizara a década dos ’80 ofreceu un extenso recital en Coura co que repasaron toda a súa carreira e mesmo interpretaron algunhas versións ao longo dun setlist que abarcou tres decenas de cancións. Non faltaron clásicos como ‘Where Is My Mind?’, ’Here Comes Your Man’ ou ‘Gigantic’. Coa excepción dalgunhas cancións que soaron máis lentas do habitual, a banda soou en boa forma, aínda que a falta de interacción co público fixo do concerto unha experiencia menos persoal.

Os Pixies fixeron soar seus clásicos durante o Paredes de Coura 2022 (Pedro Silva)

Durante este concerto, concentrouse no escenario principal de Paredes de Coura o que probablemente foi o maior público que houbo nunca neste festival. A falta dos datos separados por días, según a organización, polo recinto instalado na Praia Fluvial do Taboão pasaron máis de 115.000 persoas durante as cinco xornadas do Paredes de Coura 2022, converténdo esta edición na máis masiva da súa historia. Un motivo de celebración sen dúbidas para a organización pero que provocou colas máis longas que outros anos para acceder aos aseos ou aos postos de comida e bebida para os asistentes.

A Praia Fluvial do Taboão durante o Paredes de Coura 2022 (Pedro Silva)

Ademáis dos artistas do cartel principal tamén soou a música de Caio, Homem em Catarse, Chão Maior, Fumo Ninja, Jasmim, Dela Marmy, Omie Wise ou João Mortágua Math Trio coa iniciativa Jazz na Relva. Co festival tamén volveron as Vodafone Music Sessions, concertos íntimos e exclusivos que reuniron, en total, a preto dun centenar de persoas repartidas en catro sesións celebradas en lugares pouco habituais. Este ano, o salón de actos dunha asociación que formou musicalmente a moitos dos nenos e nenas do concello de Paredes de Coura, unha estrada en construción que unirá a vila coa A3 e a Capela Nª Señora da Purificación foron algúns dos lugares elixidos para estes concertos. Entre os intérpretes e bandas que protagonizaron estes momentos especiais estaban MEMA., DJ Nuno Lopes, Chinaskee ou Manel Cruz. A edición do próximo ano, que celebra o 30 aniversario do festival, xa ten unha data fixada: do 16 ao 19 de agosto de 2023.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.