Pedro Silva

Paredes de Coura máis alá dos cabezas de cartel

É prácticamente imposible acudir a un festival coñecendo todos os grupos que actuactuarán. Os cabecas de cartel acostuman a mobilizar boa parte do público, e despois comeza unha ampla lista da que é habitual que moitos dos nomes que a compoñan pasen desapercividos, só para que un par de anos, cando nos enganchamos a unha nova canción descubramos que poderiamos tela escoitado en directo se tiveramos entrado ao recinto dun festival unha hora antes. Festivais como o Paredes de Coura acostuman a ofrecer moitos grandes concertos máis alá de cabezas de cartel como os Pixies, Beach House ou The Blaze. Estas son só algunhas das bandas que non nos deberían pasar desaparecibidas.

Porridge Radio

A pesar da súa xuventude, Porridge Radio non levan pouco nisto. Formados en 2015, a banda de Brighton ten xa nas súas costas seis álbumes. Dise pronto, pero realmente foi ‘Every Bad’ o primeiro dos seus álbumes que conseguiu un recoñecemento xa non só nacional, senón tamén internacional. De ser unha banda máis, agora resulta inevitable non fixarse nela. Poucas son as revistas musicais que non recoñecen o interesante que é seu son.

Parquet Courts

A medio camiño entre o indie rock e o post punk, os americanos Parquet Courts levan xa unha década deixándonos bos discos. Seu son sempre da resultado polo funcional e entretida que resulta unha proposta que na forma é tan convencional, cunha instrumentación consistente principalmente en batería, baixo, guitarras e voz, que en moitas outras ocasións hoxe en día pode resultar en certa maneira gastada ou moi vista. Traballos como “Wide Awake” ou “Human Performance” están cheos de boas cancións.

Badbadnotgood

O son de Badbadnotgood é difícil de definir. Seu estilo bebe principalmente do jazz pero tamén de outras moitas fontes que fan de cada unha das súas cancións unha experiencia única desas que se disfrutará aínda mesmo sentado na herba ante o escenario principal do Paredes de Coura. Seu último disco, “Talk Memory” alónxase dos ritmos máis evocadores do hip-hop para explorar a cara máis ambiciosa e orquestral da banda.

Arlo Parks

O disco debut de Arlo Parks, “Collapsed In Sunbeams”, foi un deses traballos que puideron pasar desapercibidos para moitos o ano pasado pero que esconden unha fermosísima colección de 12 cancións. Arlo Parks mistura o bedroom pop co neo soul para conformar temas complexos pero agradables e cun liricismo sorprendente.

Ty Segall & The Freedom Band

Sen terse gañado nunca un oco no mainstream, Ty Segall é un dos artistas cunha das carreiras máis consistentes do rock de garaxe da última década e ademáis unha cara xa coñecida no Paredes de Coura. En 2015 tocou coa súa banda Fuzz no escenario pequeno deste evento deixando un dos concertos máis memorables desa edición. Desta volta non estará ante a batería senón que sostendo unha guitarra eléctrica.

Kelly Lee Owens

Kelly Lee Owens firmou en 2020 un dos discos de música electrónica máis fermoso dos últimos anos. “Inner Song” combinaba elementos do tech house e o art pop para dar forma a sons etéreos, futuristas, delicados e ao mesmo tempo bailables. No seu último traballo, “LP.8” explora unha faceta máis abstracta e menos melódica da súa música.

Perfume Genius

O estadounidense Michael Alden Hadreas, baixo o pseudónimo de Perfume Genius está a conformar unha das mellores discografías de pop da última década, capaz de poñer tanto de acordo tanto a público como a crítica de que cada un dos seus álbumes debe colarse en todas as listas de fin de ano. Sorprende que vaia a actuar no escenario pequeno do festival.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.