Presumido, o grupo vigués formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, anuncian a súa despedida tras oito anos, dous LPs, tres EPs e unha chea de bailes. O dúo decide pechar esta etapa con Quiero Respirar, tema que conta coa artista mexicana Pau Sotomayor poñendo a voz.
O dúo fai fincapé en que esta é unha decisión cen por cen creativa, e non relacionada coa situación actual: «Vivimos varios anos como queríamos e agora queremos vivir doutro modo, explorar outros territorios usando todo o aprendido e seguir crecendo como artistas e seres humanos».
En principio, haberá diferentes oportunidades para despedirse de Presumido nos diversos festivais que xa os teñen confirmados para as súas edicións deste ano, como o Mad Cool, o Gigante ou o MUWI. Tamén, comentan que outros festivais aínda non anunciaron cartaz para este 2021 e contarán con eles.