Sleepy Spice bota de menos que lle contestes ás ‘Stories’

As redes de Sleepy Spice son a única pista que temos sobre a artista: fai música co móbil. E que música! Autotune, sentimento e actitude fusiónanse como nunca para traernos pequenos himnos onde trap e pop casan á perfección.

Seguindo unha filosofía faino ti mesmo, o seu novo tema, Stories, xa está connosco dende o seu smartphone ata os nosos. Sleepy Spice é capaz, unha vez máis, de reflexar un dos maiores dramas deste século: que nos deixen en lido.

Stories xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.