Vilar de Mouros 2022: As resurreccións de Gary Numan e Bauhaus

O festival de Vilar de Mouros non só é o máis veterano de todo Portugal, tamén de toda a Península. A poucos kilómetros de A Guarda ou Tomiño, comezou como un festival de folk antes incluso da celebración de Woodstock a medidados dos ’60, e dende 1971 comezou a acoller novos estilos, abrazando de maneira definitiva o rock. Cunha historia intermitente, fronte a que o Paredes de Coura conseguiu consolidarse de maneira estable con edicións o anuais, o Vilar de Mouros foi mudando a súa identidade, e dende 2016 apostou tamén por traer a artistas máis veteranos e consolidados.

O que podería restar frescura a este festival compénsase co acerto para elexir estes nomes veteranos. Este 2022, tras o parón sufrido polo covid en 2020 e unha edición limitadísima en 2021, nomes clave para a historia do rock do último medio século como Bauhaus ou Iggy Pop protagonizaron seu cartel.

Gary Numan subiu ao escenario de Vilar de Mouros vestido completamente de negro con roupa que semellaba saída dun futuro distópico.

A primeira xornada do festival tamén contou coa destacada presenza de Gary Numan. Uno dos pais do synth pop, pioneiro á hora de introducir a música electrónica na radio en forma de cancións accesibles, posteriormente reconvertido ao rock industrial dende os ’90. Aos seus 64 anos Numan moveuse polo escenario de maneira constante, vestido en roupas negras que semellaban saídas dun futuro postapocalíptico, facendo gala dunha eterna xuventude que fixo a varios dos presentes no público buscar en internet a súa idade.

Se ben o británico centrou boa parte da súa actuación no seu material máis moderno, e particularmente o do seu último disco ‘Intruder’, tamén houbo oco para clásicos como ‘Cars’ ou ‘Metal’ para poñer fin á actuación con ‘Are Friends Electric?’, a canción coa que Gary Numan chegou por primeira vez ao número 1 das listas de éxitos e que soou tan moderna en Vilar de Mouros como cando foi estreada, cunha perfecta mistura de sintetizadores e guitarra eléctrica aínda máis enérxica que no disco. Unhas listas as que o propio Gary Numan consegui voltar nos últimos anos, acadando o nº2 de ventas en Reino Unido con ‘Intruder’, completando así toda unha historia de resurrección, despois de que súa fama se diluíra na segunda metade dos ’80.

Brian Molko, líder de Placebo, durante seu concerto en Vilar de Mouros.

Con todo, os principais nome do cartel deste primeiro día eran Placebo e Suede. Os da banda de Brian Molko foron os primeiros en subir ao escenario, durante unha actuación na interpretaron prácticamente na súa totalidade seu último traballo ‘Never Let Me Go’ durante o tramo inicial, pero deixando oco para algún dos seus temas máis clásicos como ‘The Bitter End’ e pechando a actuación con unha versión de ‘Running Up That Hill’ de Kate Bush, reconvertida de novo nun éxito en 2022 tras aparecer na serie de televisión ‘Stranger Things’ e que Placebo xa versionaran hai case dúas décadas.

Suede, sobre o palco do Vilar de Mouros 2022 (Pedro Silva)

Pola súa banda, Suede seguiron a ruta oposta, cun ‘setlist’ no que reprasaron boa parte dos temas dalgúns dos seus discos máis coñecidos como seu debut homónimo ou ‘Coming Up’ de 1996, cun incansable Brett Anderson que tomou por completo o escenario do Vilar de Mouros durante máis dunha hora, vivindo ao máximo a actuación e mesmo sacándose fotografías co público. Todo mentres a banda repasaba a cara máis rockeira da escena do brit pop.

A segunda xornada do festival veus especialmente golpeada polos cambios no cartel tras a cancelación da xira de Limp Bizkit a menos dun mes da celebración do evento. Finalmente, os escoceses Simple Minds supliron esta baixa supoñendo un importante cambio de estilo pero mantendo a relevancia no cartel, evitando que este segundo día quedase descolgado do resto do cartel. O New Wave dos de Glasgow conseguiu levantar ao público especialmente polo acompañamento dos membros máis novos da súa banda en directo. Fixérono nunha xornada na que tamén destacou o rock clásico e directo de Black Rebel Motorcycle Club. Porén algúns dos principais pratos fortes do festival aínda estaban por chegar.

Simple Minds no Vilar de Mouros 2022.

A día de hoxe Iggy Pop xa non precisa ningunha actuación, e co seu concerto no Vilar de Mouros deixou claro por qué tras máis de medio século de carreira musical todo o mundo segue a ser todo un espectáculo en directo. Encadeando hit tras hit, Pop repasou unha vez máis as súas cancións máis famosas como ‘I Wanna Be Your Dog’, ‘The Passenger’ ou ‘Lust For Life’. Cancións clave para entender a historia da música rock. Todo elo con unha vitalidade e enerxía enriba do escenario coa que custa crer que veña dunha persoa de 75 anos. E coma sempre sen camiseta sobre o escenario, sen medo a amosar as súas arrugas case como se fose un xesto punk.

Iggy Pop, como xa é habitual sen camiseta, durante seu concerto no festival Vilar de Mouros.

Seguir a Iggy Pop sobre o escenario pode resultar unha tarefa difícil, pero Peter Murphy e o resto de membros de Bauhaus demostraron que estaban á altura deste reto. Preto de 15 anos dende seu último disco os pioneiros do rock gótico tamén viviron a súa propia resurrección xuntándose de novo para volver a subir aos escenarios e mesmo editar unha canción composta en forma de cadáver exquisito durante o confinamento.

Durante a súa actuación no Vilar de Mouros repasaron clásicos como ‘In The Flat Field’, ‘Dark Entries’ ou ‘Kick In The Eye’ e incluso unha versión de ‘Sister Midnight’ do propio Iggy Pop, pero sen lugar a dúbidas a canción máis aplaudida polo público foi ‘Bela Lugosi’s Dead’, o primeiro sinxelo dos británicos, convertido xa en todo un himno do rock gótico de 10 minutos. Unha canción que coa súa estética vampiresca, envolta por unha batería esquelética, guitarras que sobrevoan os ritmos como morcegos na noite e a poderosa voz de Murphy sobresaíndo sobre a liña de baixo de David J abriu o camiño para que artistas como Robert Smith ou Siouxsie adoptaran a estética pola que foron recoñecidos durante o resto das súas carreiras e que segue a soar a día de hoxe tan escura e abraiante como hai 40 anos.

Peter Murphy, de Bauhaus, no escenario do Vilar de Mouros 2022.
Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.