WOS Festival 2022: Entre os sintetizadores de Caterina Barbieri

Cando Caterina Barbieri subiu ao escenario do Auditorio Abanca durante a última edición do WOS Festival fíxoo como se se tratase dunha instrumentista clásica. Soa, sen dirixir palabra ao público situándose diante do seu instrumento. Como se se tratase dunha pianista solista, Caterina comezou a interpretar as primeiras notas do seu espectáculo, ante un público sentado que, despois dos aplausos iniciais permaneceu en riguroso silencio, unha reverencialidade cara o artista que poucas veces se pode ver nun festival.

Porén, dende o momento en que as primeiras ondas de sonido producidas polo seu sintetizador saíron polos altavoces, a italiana conseguiu transportar ao público a un mundo de ciencia ficción. Vestida con roupas cheas de engranaxes metálicos que lle deron un aspecto de cyborg mentres manipulaba os potenciómetros e os cables do seu instrumento, Caterina foi capaz de manter una mística aredor da súa figura, da que na maior parte do tempo apenas se lograba ver a súa silueta envolta entre o fume.

O son do Auditorio Abanca foi pristino en todo momento e permitiu escoitar á perfección cada arpexio do seu sintetizador, cada recorte das frecuencias e os ecos que retumbaron sobre o recinto como ondas de son xigantes que por momentos semellaban máis grandes que o mundo mesmo, especialmente no tramo final do concerto. O repertorio de Caterina Barbieri centrouse en gran medida arredor do material do seu último disco “Spirit Exit”, pero tamén tivo oco para pezas dalgúns dos seus primeiros traballos como “Scratches on the Readable Surface”.

Artur M. Puga presentou por primeira vez no WOS o seu concerto audiovisual xunto ao catalán Shoeg.

O concerto de Caterina Barbieri foi unha das actuacións máis destacables da última edición do WOS Festival pero non a única. O evento de Santiago de Compostela mantense como un dos festivais con máis identidade de toda a Península, e esta última edición conseguiu volver a acadar un éxito de público coa súa proposta musical de vangarda. En total foron 2.922 persoas as que puideron dusfrutar dos 25 proxectos sonoros e audiovisuais do festival, que contou con 14 estreas en España e 3 premieres internacionais.

O evento desenvolveuse en doce localizacións de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela. No Teatro Principal puidéronse ver os concertos audiovisuais dalgúns dos mellores expoñentes de la música de creación contemporánea, como o concerto inaugural do evento, levado a cabo polo referente do witch house Holy Other con visuais do portugués Pedro Maia. O espazo tamén acolleu a estrea mundial de ‘ATAARPHONOAK’, o concerto audiovisual que naceu da unión de Rafael Anton Irisarri e Florence To; ‘LIMEN’, a rotunda mostra do alquimista sonoro francés Aho Ssan e o produtor kenyano KMRU; e o peche do festival con ‘FOG’, un concerto levado a cargo pola artista neerlandesa-italiana Grand River con visuais do italiano Marco Ciceri.

Carmen Villain actuando nos tellados de Santiago durante o WOS.

Unha das grandes novidades desta edición foi a volta da programación de clubbing, que se celebrou nas salas Malatesta e Capitol. O venres púidose gozar das sesións da tunisiana Azu Tiwaline e a neerlandesa mad miran. Ao día seguinte, a programación continuou con Aquarian co seu concerto audiovisual ‘Ouroboros’ e upsammy. Nestes mesmos lugares tiveron lugar outros concertos desta edición, como o de la inglesa aya, que contou con visuais de Sweatmother, Blackhaine, Prison Religion ou un exclusivo concerto onde se xuntaron os artistas neoyorkinos Rafael Anton Irisarri e Rachika Nayar.

A propia Rachika Nayar despediu a programación da Fundación SGAE, que como é habitual acolleu algunhas das propostas máis singulares do festival. Ademais da estadounidense, púidose disfrutar dos concertos audiovisuais dos galegos Death Whistle e de Artur M. Puga, que presentou por primeira vez o seu concerto audiovisual xunto ao catalán Shoeg. Tamén actuou o acordeonista polaco Zbigniew Chojnacki coa súa particular proposta ao redor da improvisación.
Un dos momentos máis emocionantes de todo el festival foi la presentación, por primeira vez en

Na mesma tarde en que actouo Caterina Barbieri tamén o fixeron a noruega-mexicana Carmen Villain e o británico Coby Sey no escenario da Fundación Eugenio Granell, sobre os tellados de Santiago. Na Igrexa de Santo Domingo de Bonaval, Pan•American presentou a súa particular mestura entre ambient e guitarras, mentres que na Igrexa da Universidade celebráronse os concertos de Ulla Straus e de Sofie Birch, que contou con la colaboración da referente do jazz experimental Nana Pi.

Sofie Birch actuou no WOS no escenario da Igrexa da Universidade.

O sábado pola tarde a programación do festival tamén saíu dos interiores dos seus teatros, igrexas e auditorios cunha tarde de música no Parque de Bonaval con algunhas das propostas galegas máis prometedoras da música contemporánea. crnds, coa súa particular mestura entre folclore e música electrónica, a DJ santiaguesa afincada en Berlín Alicia Carrera e os irmáns vigueses Yugen Kala fixeron bailar ao público coas súas actuacións ao aire libre.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.