316 feridos no concerto de Rels B no Marisquiño polo afundimento do paseo marítimo

Un tramo do paseo marítimo de Vigo de aproximadamente sesenta metros desplomouse onte durante a actuación de Rels B no festival urbano O Marisquiño. No momento, centos de persoas atopábanse vendo este concerto que daría peche ao festival dende esta plataforma situada no Parque de As Avenidas. Tralo accidente, os servizos sanitarios e os bombeiros trasladáronse á zona para atender aos feridos e rescatar ás persoas que caeron ao mar. Dun total de 316 persoas atendidas, nove foron ingresadas e cinco delas atópanse en estado grave. A maior parte dos feridos foron atendidos no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Para saber en que centro sanitario foi atendida unha persoa deberase chamar ao 061.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.