32 realizadores e realizadoras partician no V Chanfaina Lab que arranca hoxe

San Sadurniño acollerá a un total de 32 creadoras e creadores entre hoxe, 31 de agosto, e o 2 de setembro. O programa do V Chanfaina Lab inclúe ademais a presentación de diferentes traballos dos participantes, un obradoiro de son e outro de iluminación audiovisual e mais a proxección do premiado filme Dhogs.

Goteira é un dos nomes do audiovisual galego que participa na presente edición do encontro coa encomenda de producir unha peza breve sobre calquera aspecto de San Sadurniño.
Os outros nomes confirmados para esta edición son os de Margarita Ledo, Aser Álvarez,  Abel Vega, as youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño -Carmen Bouza, Carmen Couce, Cruz Piñón, Consuelo Picos e Lucía Pita-, Adrián Canoura, Ángela Arnosa, Javier Seoane, Kevin Lorenzo, Bieito Beceiro, Catalina Rodríguez, Cibrán Tenreiro, Helena Girón, Fran Bermúdez, Iago Lourido, Irene Beceiro, Lucía Estevez, Mar Catarina, o triunvirato The Sun Girls -Mónica Cibreiro, Graciela Galdo e Olga López-, Natalia Fernández, Pablo Martínez, Rubén Domínguez, Samuel M. Delgado, Sebastián Rodríguez, Simone Saibene e, planeando sobre todos eles, o fotógrafo Gabriel Tizón, quen volverá roubar intres de todas as filmacións do sábado e do domingo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.