'True Detective' está de volta

HBO acaba de lanzar o teaser trailer da terceira tempada da serie de Nic Pizzolatto que saltou á fama en 2014 polas destacadas actuacións de Matthew McConaughey e Woody Harrelson e a impecable dirección de Cary Joji Fukunaga. Tres anos despois da estrea da esquecible segunda tempada, esta antoloxía voltará as pantallas de HBO en xaneiro de 2019. Polo momento xa podemos botar unha primeira ollada ao personaxe que interpretará Mahershala Ali, gañador dun Oscar a mellor actor de reparto polo seu traballo en ‘Moonlight’, neste breve avance.

A trama desta terceira tempada de ‘True Detective’ desenvolverase entre os estados de Misuri, Arkansas, Oklahoma e Kansas ao longo de tres períodos de tempo diferentes. Ademáis de Ali, o casting conformarase por outros actores como Stephen Dorff, Carmen Ejogo, Ray Fisher e Scoot McNairy.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.