A banda galega de black metal Dioivo cumpre catro anos

Para celebralo subiron á súa canle de Youtube un video conmemorativo

A banda galega de black metal Dioivo cumpre catro anos e para celebralo subiron á súa canle de Youtube un vídeo conmemorativo. Nel, a través de fotografías, recollen os mellores momentos da banda e se pode ver a súa travesía e evolución

Jacobo Mouriño, vocalista e guitarrista de Dioivo, móstrase moi satisfeito coa súa andadura: “O máis importante que conseguimos nestes catro anos foi formar parte dunha escena de metal underground galego da que están saíndo propostas interesantísimas coma Lóstregos, Mileth, Xerión ou Cabodano”. Respecto ao momento actual da banda viguesa, móstrase positivo: “É moi prolífico e vai ir a máis”, conclúe.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.