A Extraordinaria Playlist de Zoe foi a gran aposta de ficción da cadea estadounidense NBC este ano. O vindeiro 7 de agosto chegará ao Estado da man de HBO. Jane Levy protagoniza unha serie que mestura comedia e drama co xénero musical. Tras un acontecemento inusual, Zoey comeza a escoitar as necesidades, pensamentos e desexos máis íntimos dos que a rodean a través de populares cancións.
Co motivo da estrea, o catálogo de HBO tamén se cargará dunha gran selección de longametraxes musicais que estarán dispoñibles ao longo de todo o mes de agosto na plataforma: Moulin Rouge, Mamma Mía, Hairspray ou Ti a letra, eu a música, entre outros.